CONCELLOS ORGANIZADORES
CONCELLO DE RÁBADE
O Concello de Rábade está integrado na comarca lucense da Terra Chá, no cuadrante nordés de Galicia. As súas coordenadas xeográficas son as seguintes: 43º 6' Lat N e 7º 37' Lonx W. A distancia de Rábade á capital da provincia, Lugo, é de 15 Km, e o seu termo municipal é limítrofe cos de Begonte e Outeiro de Rei.
A súa reducida extensión territorial, de 5,2 Km correspóndese co 0,41% da comarca. Este Concello está constituído por unha única entidade de poboación, a vila de Rábade. Segundo o Padrón Municipal de Habitantes de 1996 contaba entón con 1.588 habitantes. Presenta ademais un peculiar carácter diferencial con respecto ó entorno definido pola comarca na que se integra, A Terra Chá, pois a súa estrutura socioeconómica segue as pautas propias dunha economía desenvolvida.
Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nos anos 70 e 80.
Politicamente, Rábade é un Concello independente dende que en 1925 se segregou do Concello de Begonte (a súa primeira corporación municipal constituíuse o 28 de maio de 1925).
O ámbito natural do río Miño ofrece unhas paraxes idóneas para a práctica e goce de actividades diversas: pesca, sendeirismo e deportes náuticos.
No referente á artesanía, aínda se conserva unha industria artesanal da madeira como son a cestaría e a tonelería.
O apartado gastronómico é do máis variado e suculento, aínda que o porco e os seus derivados, constitúen a base fundamental. Ao seu lado, compartindo mantel, encóntranse as troitas, a caza e exquisitas sobremesas de elaboración natural.
VISITAS IMPRESCINDIBLES
- Visita ao pazo de Freire:
Belo exemplar de arquitectura civil, situado no lugar de Tras do Regueiro.
Edificio fundado por Tomás Freire e Josefa Montenegro, pertencente á propiedade do pazo de Miraflores del Miño. É de planta rectangular, fabricado con cachotaría lousenta e cadeirado granítico nos vans, con cuberta de lousa a catro augas. De dúas plantas. Destaca o escudo da fachada principal coas armas da familia dos Gayoso e Castro e cunha cruz que simboliza a Orde de Calatrava, de similares características a un dos escudos que presenta o pazo de Miraflores del Miño. O edificio encóntrase dentro dun patio pechado por un muro de cachotaría de lousa cunha grande entrada amparada por dúas columnas de granito que sosteñen unha cuberta de lousa a dúas augas.
- Visita ao pazo-torre de Miraflores:
Edificación civil de planta rectangular, cuxos fundadores foron Sebastián de Castro e a súa esposa María Fernández.
- Visita á Lagoa do Rei:
Situada na marxe esquerda da N-VIN, ao seu paso por Rábade, está provista dunha caseta-miradoiro adaptada para minusválidos dende a que se pode observar un rico ecosistema, integrado por gran variedade de aves, peixes, anfibios e réptiles.
FESTEXOS
- San Vicenzo (22 e 23 de xaneiro)
- Nosa Señora da Asunción (do 12 ao 15 de agosto)
- Romería da Capela dos Remedios (último domingo de setembro)
FEIRAS
Feira que se celebra a principios e finais de cada mes, os días 2 e 22 durante todo o día, e onde se poden encontrar produtos do país e produtos típicos de mercado: roupa, calzado, etc.
CONCELLO DO CORGO
O concello do Corgo, está situado ao leste de Galicia, e no centro da provincia de Lugo, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de Lugo e de Castroverde; polo leste, cos concellos de Castroverde, Baralla e Lancara; polo Sur, os de Lancara e o Páramo; polo oeste, os de Guntín e Lugo.
A súa situación xeográfica é: latitud, 42º56'2 Norte; e a lonxitude de 7º25'5 Oeste, sendo a súa altitude sobre o nivel do mar, de 441 metros.
Ten como río principal o Miño, e complementarios o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. As elevaciones máis destacadas son Pena de Cruz, 783 metros, Pena Aguda, 722 metros, Castro de Croa, 651 metros, Canteira de Vidueiro, 624 metros, Pena de Ladrón, 502 metros, Agra do Outeiro, 451 metros e Penas de Canón, 431 metros, aparte das sierras de Coedo e de Ferveda.
PARROQUIAS DO CONCELLO DO CORGO
O concello do Corgo carece dun núcleo urbano en el prima a división tradicional en parroquias formada por aldeas e lugares. Actualmente a poboación ascende a 4224 habitantes, cunha densidade de poboación de 26,7 hab/km2. Estes habitantes distribúense de forma moi irregular por todo o municipio, en 38 parroquias e 176 entidades. Cada parroquia ten, por termo medio, 30 habitantes pero núcleos como Corgo, Fonteita, Paradela, Gomeán, Laxosa e Marei superan os 200 habitantes.
LISTADO DAS PARROQUIAS DO CORGO
Abragán (San Bartolomeu), Abragán, Coedo, Lago, Laguiño, Adai (Santiago), As Aceñas, Outeiro, O Alto, A Casanova, A Eirexe, Fonteboa, Golás, Santalla, Vigo, Vilar, Anseám (Santa Catarina), Castro, Corral, Lamapulleira, Mourelle, Peizás, A Portela, A Torre, Arxemil, Boelle, Neda, San Martiño, Bergazo, Serín, Cabreiros (Santa Mariña), Bocelo, Cabreiros, A Carreira, Santa Mariña, Vilagamelle, Campelo (Santa Xulián), Campelo, Rioseco, Vilamarín, Camposo (Santiago), Camposo, Laxes, Castrillón (San Salvador), Castrillón, Fontoira, Lidor, O Mesón do Caldeiro, Pedradeita, Cela (San Xoán), Cela, Pacios,Os Pedregás, A Ponte de Neira, A Ranoá, O Reconco,Cerceda (San Pedro), Cardexo, Carpanzal, Cerceda, A Veiga,Chamoso (San Cristovo),Abuín,Don Xulián, San Cristovo, O Souto, O Corgo (San Xoán),O Alto de Gomeán,O Corgo, Guimarás, Sendín, O Teso, Escoureda (Santa María), Abragán, O Campo, A Chousa, Escoureda, A Estrada, Farnadeiros (San Pedro), Farmadeiros, O Fental, Folarón, Fompedriña, Outeiro, O Palacio, Pelamio, San Pedro, Sernade, Trasfontao, A Vacariza, Vilar, Vilasusao, Folgosa (San Mariño), Coedo, Coto, Reboredo, Seoane, Vilacore, Fonteita (Santiago), Baldomero, O Barrio, Calistro, A Costa dePandos, Chapín, O Mesón dos Ramos, O Noviño, Rubial, San Lourenzo, Soutolobián, Transmeilan, Vilaboa, Vilamrín, Franqueán (Santa María), Cima de Vila, A Ermida, Escardel, Gomeán, Matafaxín, O Pacio, O Torrón, O Val, Valverde, A Veiga de Anzuelos, Lapío (San Miguel), O Barreal, Casisaldo, Lapío, A Peneda, OsPenedos, Laxosa (Santiago), Airamonte, As Corochas, Donalbán, A Eirexa, A Estación, Laxosa, O Lousado, A Ponte do Vao, Maceda (San Pedro), As Casetas, Maceda, Vilariño, Marei (Santa María), Barreiros, Coedo, Lence, O Loreiro, Marei, Mariño, O Outeiro, Samprizón, San Simón, O Souto, Vilanova, Paradela (San Fiz), Chamoso, Paradela, O Placer, Pousada, SanFiz, Vilanova, Pedradita (San Miguel), Lamas, Pedradita, Piñeiro (Santa María), Piñeiro, Quetesende, Queizán (Santa María), Arroxos, Caxín, A Granda, Os Muiños, Queiz´n de Abaixo, Queizán de Arriba, Ramos, Quinte (Santalla), Arrabaldo, Coeses,Framil, Porto, Quinte, Sabarei (Santa María Mandanela), A Estrada, Sabarei de Abaixo, Sabarei de Arriba, Dsn Bartolomeu de Chamoso (San Bartolomeu), Demondín, Quintela, San Bartolomeu, San Cosme de Manán (San Cosme), A Campa, Lamapulleira, Manán de San Cosme, O Rego, Santa María de Manán (Santa María Madalena), Manán de Santamaría, Santo André de Chamoso (Santo Adré), O Hospital, Santo André, Vilapene, Santo Estevo de Farnadeiros (Santo Estevo), O Camiño Branco, O Campo, Castro, O Reguengo, A Vila, Santo Estevo de Folgosa (Santo Estevo), O Carboeiro, O Monte Silva, O Piñeiro, Santo Estevo, A Veiga de Anzuelos, Segovia (San Xoán), San Xoán, Segovia, Vilaceleiro, Vilachá (San Xiao), Vilachá.
FESTAS E TRADICIÓNS
Na primavera e verán celébranse a Festa da Mocidade e a Festa do Fin do Verán, esta última ten lugar na praia fluvial.
Outras festas a destacar son as das parroquias do noso concello. As feiras a destacar do noso concello teñen lugar na parroquia de Adai coa feira de gando vacuno, (que nos anos pasados incluiu degustación de carne), e a feira de o cabalo o terceiro domingo de xuño.
Case todas as parroquias do noso concello teñen a súa propia festa:
- 2º domingo de maio en honra a San Anxo na parroquia de Ansean.
- A mediados de maio As virtudes en San Miguel de Piedrafita.
- O primeiro domingo seguido de Corpus a festa en Santalla do Alto.
- 14 de Xuño San Xoan nas parroquias de Cela e Segovia.
- O sábado seguinte San Pedro na parroquia de Cerceda.
- O 25 de Xullo celébrase Santiago o Adai e Gomean.
- O primeiro domingo de Agosto en San Cristóbal de chamoso e Sanfiz de Paradela.
- O segundo domingo de Agosto en san Andrés de Chamoso en honra a San Ramón.
- O 15 de Agosto a festa en honra á nosa Señora nas parroquias de Marei e Farnadeiros.
- O domingo seguinte ao 15 de agosto en Laxosa en honra á nosa Señora.
- O día 16 de agosto celébrase San Roque nas parroquias de Franquean e Sta Mª de Piñeiro.
- O 24 de Agosto a San Berto na parroquia de Abragán.
- O 8 de Setembro en Fonteita e Arxemil en honra aos Remedios.
- O domingo que coincida entre o 15 e o 20 de Setembro a festa o Corgo.
- A finais de Setembro e primeiros de Outubro a festa de Queizan.
LISTADO DO PATRIMONIO CULTURAL DE O CORGO
Arquitectura civil
- Ponte dos Galiñeiros en Arxemil
Curiosa ponte medieval sobre o rio Chamoso, cun arco de medio punto de 11,6 metros de luz, no antigo camiño real entre Lugo e Astorga. Construida en cantería e ca rasante alombada, os peitoris son de formigón.
- Pazo do Xeneral Tella en Adai
Pazo construido na posguerra situado preto da igrexa. Planta rectangular de 28,5 x 18,0 metros, flanqueado por dous torreóns.
- Pazo de Piñeiro en San Estevo de Folgosa
Pazo ca fachada principal na beira do camiño e co resto da finca amuarallada. Susceptible de ser declarado monumento. Grande porton de entrada nun lateral e unha horta na parte posterior. Fachada principal ben conservada, onde se asenta un monumental escudo, pero o resto do edificio esta bastante descoidado, uso actual de vivienda rural. Consta dunha planta cadrada cun sainte en "L" engadido que corresponde a galería. Muros de cachotería agas na fachada e nos esquinais e marcaxes que e de cantería . Distribución ritmica dos vans. Patio interior regular cunha arcada, enriba dela, un corredor con balaustrada de pedra e cuberta sobre columnas.
- Pazo do Corgo en San Xoán do Corgo
Pazo illado, xunto con outras casas, sen formar núcleo, preto dá N-VI. Planta semicadrada, non centro do edificio érguese un corpo cadrado, cuberto a catro augas, que dá luz ou patio interior. Fachada cunha ampla porta alintelada e tres grandes arcadas con balcóns de pedra, coroadas por un frontón co escudo dá casa. No lateral dereito hai outra pedra heráldica.
Fixéronse modificacións e anexos recentes, hoxe en dia está destinado a vivendas. Curiosa fachada, patio interior cuberto cunha galería corrida na planta alta. Foi a Casa do Concello do Corgo.
RECURSOS TURÍSTICOS
Na parroquia de San Xoán de Cela, no límite do municipio co Páramo encóntrase unha bonita ponte medieval sobre o río Neira, cuxo ámbito foi acondicionado como área recreativa. Outras pontes de interese son os de Arxemil e Abragán e A ponte Vella en Gomeán. En relación á arquitectura relixiosa, destacan algunhas igrexas rurais que conservan trazos do seu orixinario estilo románico, como Castrillón, Campelo, Cabreiros ou Santiago de Fonteita, que conserva ademais unhas magníficas pinturas do século XVIII. En canto á arquitectura civil, podemos admirar varias casas señoriais. Chama a atención o Pazo do Corgo polo seu orixinal fachada, formada por unha solaina con tres arcos de medio punto e balaustrada. Na parroquia de Santo Estevo de Felgosa sitúase o Pazo de Piñeiro, no que destaca o seu enorme escudo e o gran patio central de dous pisos. Non pode esquecérsenos o apartado gastronómico, de recoñecida fama, que utiliza as excelentes materias primas da zona, como o xamón ou os cogomelos.
No altiplano do Corgo nacen os pequenos ríos Chamoso e Neira, para ceder o seu caudal ao Miño, que marca a fronteira deste municipio co de Lugo, creando boa parte da paisaxe que mereceu ser a Reserva da Biosfera.
Hai dous lugares do Corgo deses pouco frecuentados e que nos invitan ao desfrute dunha primavera que xa fixo xermolar as árbores máis propias, como os carballos, abeleiras e salgueiros; e sementou o campo de margaridas e outras flores silvestres, para crear o ambiente multicolor da terra chaira.
A Fraga dás Fervenzas é un bosque centenario cuxo valor aparece citado xa no catastro do Marqués da Enseada, de 1752. É un lugar único en Europa, por iso foi elixido como Bosque do Ano en España, polo Ministerio de Medio. Está clasificado como "bosque de inundación" e o seu enclave é Reserva da Biosfera. Por iso pídese que tamén entre a formar parte da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, coa declaración de monumento natural.
O bosque da Fervenza sobreviviu a beiras do Miño, nun lugar paradisíaco, grazas á iniciativa privada que, para facer fronte á súa conservación, creou o complexo de turismo rural Casa Grande da Fervenza. Está a beiras do Miño, ao seu paso polo Corgo e ao bordo dunha fervenza. Conta tamén cun antigo muíño do século XVI, que foi transformado en hospedaxe. A Casa rehabilitouse conservando as liñas dos antigos casaríos galegos.
Outro ámbito natural que pagará a pena visitar no Corgo é o da ponte medieval sobre o río Neira, aínda que aquí se nota mais a acción da man do home, porque está explotado como aérea recreativa e estival praia fluvial. A ponte foi construída en cadeirado de granito con catro arcos de medio punto, cuxo aspecto primitivo foi lixeiramente alterado coa construción de ménsulas e unha varanda metálica para ensanchalo para uso de vehículos. Pero o río Neira ten aquí un especial encanto e ao igual que no Chamoso, podemos pescar troitas magníficas.
O Corgo está salpicado de igrexas románicas e mostras dunha rica arquitectura popular. O Corgo é un conxunto de 149 pequenos núcleos habitados por poucas familias pero inmersos en un paisaxe natural magnífico. É residencial dende sempre como o demostra a abundancia de Casas Grandes, hoxe convertidas en establecementos de turismo rural.
Coñecemos O Corgo polo seu carácter máis fluvial. Toda a súa riqueza natural e turística xira en torno ás ribeiras dos ríos que o bañan.
E é certo, o seu ámbito é envexable e de espectáculo. Pero ou Corgo é moito máis que iso. Á hora de achegarnos ao municipio, non existen distancias.
A tan só 14 quilómetros da capital lucense, agárdanos para mostrarnos os seus lugares naturais de gran beleza, pero tamén outros de grande interese cultural, monumental ou histórico.
O Corgo foi dende sempre terra de pazos e de casas grandes. Edificacións grandiosas, que en parte se conservan e que presiden cada unha das parroquias do municipio.
Temos por exemplo a casa de labranza San Xoan de Segovia en Arxemil, a casa de labranza de Folgosa, que con grande escudo e o seu fermoso patio interior, foi o escenario non hai tantos anos da película El Rey del Río. Xa no centro do municipio podemos visitar tamén a casa de Neira.
Todas elas edificacións que nos recordan o pasado señorial que se viviu en ou Corgo. E testemuñas foron tamén os seus pazos, como o de Adai, construído a finais da posguerra polo xeneral Tella. Pero quizais o máis representativo sexa o Pazo de Valcarcel, na parroquia de San Xoán do Corgo. Trátase dunha construción do século XVII que foi fundado por unha das familias máis coñecidas na historia do municipio:
. Esta construción segue conservando o seu rechamante balcón e a solaina de arcos semicirculares a pesar de que os seus actuais inquilinos o foron acondicionado ás necesidades de hoxe en día.
Hoxe algunhas destas edificacións cheas de historia permanecen pechadas, pero a maioría delas son vivendas ou segundas vivendas. Porque ou Corgo é residencial. Municipio tranquilo, con calidade de vida, e como xa dixemos, a un paso da capital. De feito, son moitos os veciños que traballan en Lugo pero que continúan vivindo aquí.