CAMIÑO DOS BESTILLEIROS
O Trece de Adai foi e é unha das feiras mensuais de cabalar máis importantes de Galicia. En tempos pasados, os bestilleiros de Mondoñedo e da Terra Chá durmían a véspera coas súas recuas en Romeán, e esta estadía era coma unha festa. Sobre o trazado máis habitual deste camiño fíxose nos anos 40 a estrada.