IGREXA PARROQUIAL
DE SAN PEDRO DE MERA
A parroquia de Sancto Petro de Mera era citada xa no século XI. O templo actual é de sinxela construción, coa tipoloxía barroca máis habitual nas parroquias rurais de Galicia. Nave con portas alinteladas na fronte e no lateral dereito, elegante fachada de excelente perpiaño moi regular, espadana para dúas campás baixo arcos de medio punto. A capela é maior algo máis estreita e máis alta, con arco triunfal de medio punto e sancristía no lateral esquerdo. No interior é notable o gran tamaño do coro de madeira en comparanza coa pequeneza da igrexa. Ademais do padroeiro, nesta parroquia foi tamén moi venerado san Silvestre, do que hai unha imaxe no interior.